miércoles, 24 de febrero de 2016
UN SENTIDO HOMENAJE A NOSA ROSALIA: DOS EMIGRANTES GALLEGOS
(Primeiro pedir disculpas po lo meu galego, son da generación que non o poidemos aprender... na escola, pero tuvemos a sorte de, toda a vida, falalo na aldea)
¿Que se pode decir desta gran poetisa que non estea dito? NADA.
Por tanto neste 24 de febreiro, aniversario do seu bautizo, solo dar uns apuntes sobre o punto de vista dos GALLEGOS que por desgracia ou por sorte vivimos fora da nosa terra .
Todos conocemos a obra da nosa Rosalia, pero poucos a entenderan tan ben comos os que, igual ca ela, tuvemos que salir da nosa aldea para adentrarnos nun mundo desconocido e hostil em con xente que en principio nos desdeñaba, e a veces non nos trataba demasiado ben
Castellanos de Castilla:
tratade ben ós gallegos;
cando van, van como rosas;
cando ven, ven como negros
Ela como naide supo expresar os pesares, añoranza, melancolía, tristeza, pesadumbre, soledad, pena,etc., resumido na palabra que todo o mundo conoce e que nadie sabe explicar, como un gallego que vive fora de Galicia: a MORRIÑA
Pode que os gallegos que non tuveron que emigrar non cheguen nunca a entender totalmente a obra de Rosalia.
A morriña que se sente cando tes que deixar todo o conocido por algo que anque, seguramente sea moi bo, non é o que realmente elexiches.
Gustariame saber decirvos tan ben coma ela ese sentimento de abandono que tes cando as de marchar da:
Miña terra, miña terra,
terra donde m'eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei
…...................................
¡miña casiña! ¡meu lar!
Todo o expresou de forma maxistral nestes sentidos versos, nos que o emigrante di adios a todo o seu, huindo quizas da miseria
Adios rios; adios fontes;
adios, regatos pequenos
adios, vista dos meus ollos
non sei cando nos veremos
…................................
¡adios, gloria! ¡adios, contento!
¡deixo a casa onde nascín
deixo a aldea que conoço,
por un munfo que non vin!
…..........................................
deixo en fin canto ben quero...
¡quen poidera non deixar
Aqui espresa o desgarro de abandonar todo o conocido por algo que non conoces.
E nestes outros (Dios mio quen poidera saber decir as cousa coma ela) móstranos como se sente o gallego no “ destierro” donde a vida o levou:
Airiños, airiños aires
airiños d'a miña terra
airiños, airiños aires,
airiños leváime á ella.
Ou nestes outros, donde vemos reflexada, como a MORRIÑA nos ten atrapados sin poder escapar, a pesar de que en moitos momentos intentemos ser todo o “felices” que podemos.
Canso penso que te fuches
negra sombra que m'asombras,
o dé dos meus cabezales
tornas facendome mofa.
….........................................
En todo estas e ti es todo,
pra min e en min misma moras.
Nin m'abandonaras nunca,
sombra que sempre m'asombras
¿Podese decir mais en tan poucas palabras? Creo que non; estes versos destilan a morriña po las verdes veigas do Ullan cas suas brumas, rias inmóviles, ese cielo plomizo e esa chuvia miudiña que tanto botamos de menos
cómo chove miudiño
cómo miudiño chove
pol'a banda de Laiño
pol'a banda de Lestrove
Non sei si os gallegos que non son do Ullan sinten o mismo cos versos de Rosalia, pero os que somos de por ali estamos totalmente identificados cos sentimentos da gran poetisa
Ou na quelas, serenas e caladas, tardes do fin do verán cando a pesar de que pasaches uns poucos dias, ( anque sean mil, sempre nos pareceran poucos), no teu terruño, e a pesar que ainda che quedan un ou dous dias, pra volver a aquela outra tua vida, ¡que irreal che parece desde aquí!, paseando polo espolon de Padrón, intentas que a melancolia, que sabes que vira, non te invada; e pouco a pouco vas despedindote, sin querer facelo, sentaste no pretil do rio e non podes deixar de recordar aqueles versos:
Campanas de Bastabales
…...............................
cando vos oio tocar
campaniñas, campaniñas
sin querer torno á chorar
…...................................
cando de lonxe vos oio
penso que por min chamades
Pero non todo era MORRIÑA na obra de Rosalia, no, tamen sabe demostrar a sua “retranca” gallega en algun dos seus versos:
Compadre desque un vai vello (*)
o mismo sol lle fai frio,
cada regueiro élle un rio,
un boi cada escarabello
…....................................
¡Entra ti diante! -Non! -Si
Ti que és mais vello. -¡Cal mentes!
Pois que cho digan os dentes.
Teño máis moas que ti
Ou nestes outros que os fai parafraseando unha antiga copla:
Meu santo San Antonio
dame un homiño,
anqu'o tamaño teña
d'un gran de millo.
Dáimo, meu santo,
anqu'os pes teña coxos,
mancos os brazos...
Tamen Rosalia era unha adiantada os seus tempos nas cousas do feminismo cando na sua obra
no ano 1859 no prologo da sua novela: La hija del mar, decia esto: “Porque todavía no les es permitido a las mujeres escribir lo que sienten y lo que saben".
E en: El caballero de las botas azules; aboga por millorar a educación femenina
(*) estes versos merece a pena lelos todos, pois son moi simpaticos
AIRIÑOS AIRIÑOS AIRES
http://youtu.be/BUM4n1Yq5dc
http://youtu.be/xv_sdJBorbI (Orquesta los Satelites)
CAMPANAS DE VASTABALES
http://youtu.be/E9vn8nEdI3g
NEGRA SOMBRA
http://youtu.be/JbSKMxgRqHU (Luz Casal)
http://youtu.be/mSWT8n6ytKo ( orfeón Donostiarra)
ADIOS RIOS ADIOS FONTES (Amancio Prada)
http://youtu.be/FmdbA3AGlmk
COMO CHOVE MIUDIÑO
http://youtu.be/CgpndAPkm6I
lunes, 22 de febrero de 2016
jueves, 18 de febrero de 2016
miércoles, 17 de febrero de 2016
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

